Actualidade
-
Inauguramos o primeiro totem da Memoria Democrática, no cemiterio de Vilagarcía de Arousa
Coa colaboración do Concello de Vilagarcía e do Faiado da Memoria, colocamos a primeira das pezas, deseñadas por Uqui Permui e que recolleran o testemuño da memorializaciñon do I Plan Cuadrienal de Memoria Democrática en todas as fosas intervidas.
-
Remataron os traballos na fosa de Cabreira
Os traballos en campo do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática, neste 2024, chegan ao seu fin
-
Onte deron comezo os traballos na fosa de Sta Mª do Val
A equipa do Plan de Memoria Democrática en Galicia leva dous días traballando na fosa do Val, na procura de información que permita confirmar a hipótese de localización da fosa, valorar a súa magnitude e determinar o seu grao de alteración.
-
Presentamos o inicio dos traballos do PMD nun rolda de prensa xunto co reitor da USC
A equipa do PMD prepárase para intervir nas fosas do Val (Narón) e Cabreira (Salvaterra de Miño) no próximo mes de novembro
-
Nomes e Voces recibe o Premio de Crítica de Galicia (Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades, 2024)
O proxecto Nomes e Voces, tras case vinte anos dende os seus inicios, acaba de recibir tan prestixioso premio á súa traxectoria. O xurado destacou, entre varios logros, a valiosa recompilación de información, levada a cabo sobre as vítimas do Golpe, da GUerra e da Ditadura.
-
En breve comezarán os traballos do último ano do PMD (2021-2024)
Dúas fosas mais serán obxecto, neste 2024, dos traballos a realizar pola equipa do Plan de Memoria Democrática en Galicia. A fosa de San Miguel de Cabreira, en Salvaterra de Miño e a continuación dos traballos arqueolóxicos (iniciados en 2023) na fosa de Santa María do Val, en Narón.