
Informes
Avances e resultados de diferentes investigacións.

Materiais
Estudos, exposicións, publicacións e proxectos especiais

Cartografía da violencia
Xeografía galega da violencia do Golpe de 1936, da Guerra e da retagarda

A Fiscal Delegada en Materia de Dereitos Humanos abre dilixencias na fosa de Vilacova (Lousame), grazas ás actuacións do Plan de Memoria Democrática
Nun traballo coordinado coa Unidade de DDHH. e Memoria Democrática da Fiscalía Xeral do Estado, instrúense por primeira vez este tipo de dilixencias, de investigación e procesais.

Tecedoras de memoria: desenterrando historias de vida das fosas franquistas de Galicia (2021-2024).
Uxía Otero González e Conchi López Sánchez, doutoras en Hª Contemporánea e parte do GI HISTAGRA, foron convidadas polo Foro Social da Mariña para falar do PMD (2021-2024) dende unha perspectiva de xénero.

Inauguramos o primeiro totem da Memoria Democrática, no cemiterio de Vilagarcía de Arousa
Coa colaboración do Concello de Vilagarcía e do Faiado da Memoria, colocamos a primeira das pezas, deseñadas por Uqui Permui e que recolleran o testemuño da memorializaciñon do I Plan Cuadrienal de Memoria Democrática en todas as fosas intervidas.