Ir ao contido principal

Fosa do cemiterio do Divino Salvador de Maniños Fosa en cemiterio

Ficha técnica

Localización

Localidade
Fene
Concello
Fene
Provincia
A Coruña

Características

Outras denominacións
Fosa de Maniños
Nº persoas enterradas
Mínimo 2:
Emilio Iglesias Fernández
Guillermo de Cal Fernández
Cronoloxía
1936

Estado

Propiedade do terreo
Cemiterio veciñal
Memorialización e sinalización
NOn
Outras observacións
Nesta fosa atópanse dúas vítimas como mínimo. Entre as persoas identificadas figura Emilio Iglesias Fernández, veciño de Ferrol, de 26 anos e afiliado ao Sindicato de Oficios Varios. Foi vítima dun "paseo", data de asasinato descoñecida.
Tamén está documentado Guillermo de Cal Fernández, cuxa morte foi rexistrada o 16 de setembro de 1936. Segundo consta no rexistro, faleceu nas inmediacións do cemiterio de Maniños a consecuencia de disparos de fusil realizados pola Garda Civil.

É preciso realizar un estudo en profundidade sobre este lugar de enterramento irregular.