Nomes e voces

Benvidos á páxina do Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”. Este é un espazo deseñado para facilitar o acceso á investigación da Historia actual especializada en información sobre a guerra civil e  a represión franquista en Galicia. Convidámoste a que coñezas o noso traballo e as nosas pescudas. 

Consulta na base de datos de vítimas a persoa que estás buscando, introducindo os datos dos que dispoñas

O Departamento de Historia Contemporánea coorganiza o II Congreso Galeusca-Historia

Lourenzo Fernández Prieto paraticipará no II Congreso Galeusca-Historia co programa Bizkaia aretoa. UPV-EHU. (Universidad del Pais Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea) Naciones en el Estado-nación: la formación cultural y política de naciones en la Europa contemporánea. As xornadas están organizadas por distintos grupos de investigación do sistema universitario como é o caso do Grupo de Investigación do proxecto "Nacionalismo e o proceso de nacionalización en Galicia e España" Departamento de Historia Contemporánea e de América (USC)

Nacidos para mandar. Liderazgo, política y poder: Perspectivas comparadas

Ven de publicarse o libro "Nacidos para mandar. liderazgo, política y poder: Perspectivas comparadas" (Tecnos, 2012), dos Profesores Ludger Mees e X. M. Núñez Seixass (coords.). O libro recupera o debate sobre o liderazgo na política tanto desde o punto de vista teórico, como co exemplo dalgúns dos grandes líderes internacionais que marcaron a historia do século pasado:primeiro lehendakari vasco José Antonio Aguirre, Indalecio Prieto, Manuel Azaña, Francesc Cambó, Federica Montseny, Alfonso Castelao, Mussolini, Hitler, Franco, Lincoln, Obama e Lech Walesa, entre outros.

Publicación do libro 'Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía'

Este libro recolle as cuestións que se abordaron no Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación y Cultura de Paz organizado polo Proxecto 'Nomes e Voces' en Santiago de Compostela no ano 2010. Os resultados plásmanse nesta obra, na que, coa historia como epicentro e a memoria como referente, se explica a convivencia do noso presente cun pasado incómodo.

Galería de imaxes da presentación do libro "A represión franquista na comarca da Coruña", do Proxecto Nomes e Voces

O venres 13 de abril, o Proxecto 'Nomes e Voces' presentou en A Coruña o seu libro "A represión franquista na comarca da Coruña", publicado por Edicións Laiovento. Participaron Emilio Grandío, Xurxo Pantaleón, Francisco Pillado e Manuel Monge. Esta é a galería de imaxes do acto.

No noso blog

Homenagem a Portugueses mortos pelo Franquismo durante a Guerra Civil Espanhola

Lourenzo Fernández Prieto e Dionísio Pereira participarán o 12 de maio na homenaxe aos portugueses mortos pelo Franquismo durante a Guerra Civil Española. Intervendrán nunha mesa de debate xunto a outros profesores das universidades de Minho e Lisboa. No acto, que se celebrará en Monçao, tamén participará Mario Soares, ex presidente de Portugal entre 1986 y 1996.

Seguir lendo...

Próximos eventos

II Congreso Galeusca-Historia

3 de xullo de 2012

Participación do Proxecto na XVII Conferencia Internacional de Historia Oral en Bos Aires

4 de setembro de 2012

Consulta na Base de datos de vítimas do franquismo a persoa que estás buscando, introducindo os datos dos que dispoñas.

Subscribete á nosa web por rss:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia