Ir ao contido principal

Fosa do cemiterio de Canido Fosa en cemiterio

Paredón do muro do antigo cemiterio de Canido

Ficha técnica

Localización

Localidade
Canido
Concello
Ferrol
Provincia
A Coruña
Outras referencias
O cemiterio xa non existe, polo que a fosa foi destruída

Características

Nº persoas enterradas
Estímase que no cemiterio poderían ter sido enterradas unhas 282 persoas vítimas da violencia golpista; necesidade de estudo para concretar cales delas foron enterradas na fosa común
Tipoloxía do asasinato
Paseo e execución
Cronoloxía
1936-1939
Outras referencias
O número de vítimas enterradas sería un dos maiores do territorio galego, o que a convertiría, en consecuencia, nunha das maiores fosas de Galicia

Estado

Intervención
Parcial.
Data da intervención
1966
Memorialización e sinalización
Existe unha inscrición en mármore que recorda aos trasladados ao cemiterio de Catabois no lugar no que agora se atopan enterrados.
Outras observacións
Desde a inauguración do cemiterio de Catabois deixouse de enterrar aos mortos no cemiterio de Canido de forma paulatina, ata que quedou clausurado o ano 1948. Desde ese ano 1948 comezouse a realizar o traslado de restos funerarios desde Canido ao cemiterio de Catabois nun proceso que durou case vinte anos, levándose a cabo o levantamento e o traslado de cadáveres ao novo cemiterio de forma moi pouco coidadosa e sen o debido control por parte do Concello e da Iglesia, quedando numerosos restos sen trasladar, perdéndose moitos dos cadáveres de persoas alí enterradas.

Fontes

Arquivo

  • Fichas individuais das vítimas en Nomes e Voces.
  • Rexistro de defunción correspondente a cada vítima.

Bibliografía

  • Suárez Martínez, Xosé Manuel, Guerra civil e represión en Ferrol e comarca, Ferrol, Concello de Ferrol, 2002