Recursos
Recollemos o froito do traballo de "Nomes e Voces" en múltiples formatos, máis alá do proxecto. Nun primeiro lugar, os propios informes do proxecto aglutinan diferentes datos sobre a violencia do Golpe de 1936, da retagarda e da Guerra en Galicia. Pero tamén podemos atopar no apartado de materiais, recursos de distinta natureza e sobre diferentes temáticas que xurdiron de publicacións, proxectos ou exposicións relacionadas coa actividade ou os fondos de Nomes e Voces
Informes
Ver más-
Informe de investigación: vítimas Galicia (1936-1939)
Este é o primeiro informe de resultados do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" que se publicou. Nel ofreciamos os efectos do golpe de Estado de 1936, o tempo da Guerra e as orixes do franquismo en Galicia. A través de números e gráficas presentabamos esta primeira análise para a posta en valor das interpretacións, das deducións ou dos debates.
Datos de xaneiro de 2012
-
Informe de investigación: Aproximación á xeografía da represión en Galicia, enterramentos das vítimas, 1936-1939"
No ano 2011 a USC e o Ministerio de Justicia firmaron un convenio de colaboración para realizar unha aproximación inicial ao estudo das fosas en Galicia. Este traballo foi levado adiante por parte do equipo de Nomes e Voces e posteriormente, proxectos como o Plan de Memoria Cuadrienal (2021-2024) beben directamente dos seus resultados, para actualizar e ampliar o coñecemento sobre as dinámicas dos asasinatos e dos enterramentos e o posterior tratamento do réxime ás vítimas da Guerra e da retagarda.
Materiales
Ver más-
Lugares de memoria do Golpe de 1936, da Ditadura franquista e da Resistencia (Galicia, 1936-1952)
O tema tratado foi obxecto dun proxecto de investigación financiado pola Secretaría de Estado de Memoria Democrática-Ministerio de Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática-Gobierno de España-2022 que levou por título "Definición, cartografía e proposta de intervención sobre os lugares de memoria do Golpe de 1936, a Ditadura franquista e a Resistencia (Galicia, 1936-1952)".
-
"Vermellas. Chamábanlle rojas"
O extraordinario esforzo persoal realizado polas mulleres máis conscientes durante a II República, moitas delas afiliadas a asociacións progresistas, partidos de esquerda ou sindicatos de clase, foi paralelo aos avances sociais que potenciaron a súa presenza na vida pública e a afirmación do dereito ao traballo fóra do fogar, así como a ampliación da súa liberdade e dos seus dereitos de cidadanía.