Reports
-
Informe de investigación: vítimas Galicia (1936-1939)
Este é o primeiro informe de resultados do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" que se publicou. Nel ofreciamos os efectos do golpe de Estado de 1936, o tempo da Guerra e as orixes do franquismo en Galicia. A través de números e gráficas presentabamos esta primeira análise para a posta en valor das interpretacións, das deducións ou dos debates.
Datos de xaneiro de 2012
-
Informe de investigación: Aproximación á xeografía da represión en Galicia, enterramentos das vítimas, 1936-1939"
No ano 2011 a USC e o Ministerio de Justicia firmaron un convenio de colaboración para realizar unha aproximación inicial ao estudo das fosas en Galicia. Este traballo foi levado adiante por parte do equipo de Nomes e Voces e posteriormente, proxectos como o Plan de Memoria Cuadrienal (2021-2024) beben directamente dos seus resultados, para actualizar e ampliar o coñecemento sobre as dinámicas dos asasinatos e dos enterramentos e o posterior tratamento do réxime ás vítimas da Guerra e da retagarda.