Presentación

O Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" naceu ao abeiro dos traballos que desde a Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia se realizaron ao redor do Ano da Memoria 2006. O proxecto ten a intención de estudar a represión franquista da guerra civil e da ditadura, ofrecendo á sociedade os datos relativos ás persoas que sufriron algún tipo de persecución por mor da súa ideoloxía ou a súa posición favorable á democracia republicana. Esta tarefa abórdase desde a perspectiva da investigación histórica, como parte dun crecente interese dos especialistas polo tema da Guerra Civil e da conseguinte represión.
O traballo a desenvolver xira ao redor de varios eixos: A pescuda dos nomes, das voces e dos lugares da represión. Nesta liña, e desde o rigor da disciplina histórica, preténdese cubrir os baleiros existentes sobre o período de estudo: Poñer ao servizo da sociedade galega ...
lermemoriaguerracivil@usc.es