Volta dos 9. Arte e memoria. Arte é memoria

Volta dos 9. Arte e memoria. Arte é memoria

Libro-CD-DVD que recolle a homenaxe dedicada aos nove veciños do Val Miñor, asasinados en 1936 na saída de Baiona cara Baredo. O libro é un proxecto coral coordinado polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Comisión de Familiares, promoveu a realización dunha homenaxe a través das artes visuais e musicais. Así instalouse unha árbore escultórica no lugar dos feitos, obra de Fernando Casás, ademais da participación de nove pintores, nove fotógrafos e nove voces poéticas.


Instituto de Estudos Miñoranos (coord.)  |  Vigo  |  88 páxinas  |  2007
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez