O Campo en movemento. O papel do sindicalismo labrego no rural galego do tardofranquismo e da transición (1964-1986)

O Campo en movemento. O papel do sindicalismo labrego no rural galego do tardofranquismo e da transición (1964-1986)

"Este traballo é un primeiro achegamento ó estudo da acción colectiva no rural galego do tardofranquismo e da primeira etapa en democracia. O texto vai barallando unha serie de preguntas que poderían sentar en tres vagóns intercomunicados.

Priemeiro, os motivos que levan un grupo de xente a mobilizarse nun determinado momento e lugar e non noutros, no contexto político e económico da Galiza dos últimos tempos da ditadura e da transición. Entrando logo no estudo das organizacións, explícase a xénese dos diferentes sindicatos labregos e a socioloxía dos axentes axentes que os promoven: como len a realidade, que reivindican e de que maneira o fan. Reflexionando sobre a relación entre organizacións e partidos políticos, compróbase se as primeiras funcionan ou non como correas transmisoras de ideoloxía para as bases campesiñas, e formúlase tamén que poden ter de substrato e que de novidade respecto do agrarismo de preguerra. Por fin, mirando desde abaixo, a investigación interrógase polas motivacións dos labregos e labregas, o seu grao de politización e a maneira de en que se perciben e son percibidos, atendendo ós cambios que se observan nestas décadas. Este libro é, grazas a montes e moreas de gardiáns de papeis, confiadores de experiencias e compartidores de palabras." [Editorial]   

Alba Díaz-Geada  |  Santiago de Compostela  |  Universidade de Santiago de Compostela  |  214 páxinas  |  2011
Etiquetado como Franquismo, Rural
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez