Las memorias olvidadas. Los desheredados de la Guerra Civil Española

 "A través das "memorias de vida", recollidas durante varios anos de investigación, a autora repasa algúns dos sucesos máis significativos da Guerra Civil española. Da man destas testemuñas regresamos ata algúns dos momentos máis duros e conflictivos dos vividos en España entre 1936 e 1939. Tódolos protagonistas, refuxiados e "nenos da guerra", presentan un denominador común: tiveron que alonxarse da terra na que naceron para porse a salvo da barbarie da guerra. A obra presenta ademáis moita documentación e información, así como listados dos exiliados e do colectivo dos nenos galegos da guerra na URSS.

Rosa María López González (O Saviñao), é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidad de Santiago de Compostela e colaborou nos proxectos da USC: HISTALGA e HISTORGA. Gañadora do 1º Premio de Investigación Arquivo da Emigración Galega (1998), é autora das obras: "120 anos do 1º de Maio en Galicia" (2009); "Tierra de ausentes. Emigración y Retorno en la Galicia del interior" (2010) e coautora dos libros: "Ricardo Pérez Medín" (2009), "Unións Agrarias. O sindicato con raíces" (2008), e "Juan Tizón Herreros. El pensamiento hecho palabra" (2010).   

A obra foi gañadora do Premio Luís Tilve de Investigación Histórica." [Editorial]

Rosa María López González  |  Fundación Luís Tilve  |  2009
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez