La consolidación social del franquismo. La influencia de la guerra en los “soldados de Franco”

La consolidación social del franquismo. La influencia de la guerra en los “soldados de Franco”

Francisco J. Leira Castiñeira vén de publicar La consolidación social del franquismo. La influencia de la guerra en los “soldados de Franco”,  unha obra derivada dun traballo de fin de máster presentado no Departamento de Historia Contemporánea e América en 2011 –Los soldados de Franco. Estudio Social del ejército sublevado– que foi recoñecido co VI Premio de Ciencias Sociales 2012 que outorga a Cátedra Juana de Vega.

O traballo de Leira Castiñeira detense a considerar na súa primeira parte as dificultades historiográficas que entraña a investigación do exército sublevado o 18 de xullo e reflexiona sobre o comportamento social diante do golpe de Estado e a mobilización bélica. Analiza a ideoloxía dominante no exército español e e o encadra no contexto social, cultural e político da España do primeiro terzo do século XX. Logo, analiza  a mobilización e incorporación a filas e a formación das primeiras unidades militares. Especial significación concede ao estudo da totalitarización das medidas de control político e militar impostas para coutar e castigar a progresiva repulsa dos recrutas cara a guerra. A obra bota luz asemade sobre o papel de Galicia como un dos principais centros de recrutamento do exército sublevado. O volume péchase cunha aproximación analítica da experiencia da guerra entre os soldados mobilizados entre 1936 e 1939 que é un dos compoñentes sobre os que versa a tese doutoral na que está traballando sobre as consecuencias sociais, políticas e culturais da Guerra Civil nos individuos que foron mobilizados co exército sublevado.

Francisco J. Leira Castiñeira (A Coruña, 1987) é licenciado en Historia pola USC e máster en Historia Contemporánea (USC) e Ciencias Documentais na contorna dixital (UdC). Obtivo o VI Premio de Ciencias Sociales Juana de Vega e unha mención honorífica no concurso de ensaio George Watt 2012 que convoca a Abraham Lincoln Brigade Archives de Nova York.

Entrevista en La Voz de Galicia  a Francisco J. Leira Castiñeira co gallo do seu accesit no Premio George Watt 2012.


Francisco J. Leira Castiñeira  |  Santiago de Compostela  |  Universidade de Santiago de Compostela  |  2014
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez