Guerrillero contra Franco. A guerrilla de Galicia-León 1936-1951

Guerrillero contra Franco. A guerrilla de Galicia-León 1936-1951

A editorial A Nosa Terra reedita as memorias do guerrilleiro Quico, que xa viran a luz en francés no ano 2000. Francisco Martínez. Naceu en Cabañas Raras en 1925, no seo dunha familia labrega. Dende os 17 anos colabora coa oposición e a guerrilla nesta bisbarra berciana, limítrofe con Galicia. Foi membro do grupo de Manuel Girón. En 1951 exíliase a Francia.

“Os territorios tan fronteirizos como irmáns de Galicia, O Bierzo e a Cabreira coñeceron nos anos máis duros do franquismo da actividade de grupos guerrilleiros que se opuñan coas armas á ditadura. Fixéronno ante a perda de liberdades civís e a conseguinte represión que trouxo consigo o alzamento militar de 1936 contra a legalidade constitucional da II República” (Prólogo).


Francisco Martínez-López Quico  |  Vigo  |  A Nosa Terra  |  158 páxinas  |  2006
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez