O proxecto na prensa

Compilación de prensa periódica con referencia á actividade do Proxecto.

O PP propón unha rúa en Ourense para un profesor republicano

El País, 27 de marzo de 2007

Vicente Bóveda Iglesias, irmán do histórico líder galeguista Alexandre Bóveda, terá unha rúa en Ourense.

27 de marzo de 2007

Ourense analiza desde hoxe a represión na Raia galego-lusa

Galicia-Hoxe, 27 de marzo de 2007

O congreso réndelle homenaxe a Harmut Heine, o primeiro en buscar datos da Galicia represaliada.

27 de marzo de 2007

Amigos da República rendirá homenaxe a combatentes de Paderne i Entrimo

La Voz de Galicia, 21 de marzo de 2007

A asociación Amigos da República celebrará nos vindeiros días a súa festa anual, que chega á novena edición, para «lembrar nestas datas a II República española e os valores que defendeu, valores todos eles fundamentais para o desenvolvemento da sociedade: liberdade, igualdade, fraternidade e laicismo»

21 de marzo de 2007

A oposición impón a Porro homenaxear a memoria histórica

El País, 20 de marzo de 2007

A concesión dos galardones de Vigo, Medalla de Ouro da cidade e ‘vigueses distinguidos’, levou á politica local ao ‘patio de Monipodio’.

A alcaldesa, Corina Porro, non quería dar medalla de ouro ni distinguir á Comisión de la Memoria Histórica. I estrelouse coa oposición do bloque que mañá, en pleno extraordinario, imporalle outorgar dúas medallas de ouro e recoñecer a distinción á Memoria Histórica de 1936.

20 de marzo de 2007

A Coruña acolle a mostra xornalística da Guerra Civil

Galicia-Hoxe, 8 de marzo de 2007

A Coruña será unha das cidades nas que se exhiba a exposición Corresponsales en la Guerra de España, 1936-1939, organizada polo Instituto Cervantes coa Fundación Pablo Iglesias e na que se reproduce unha trintena de crónicas publicadas polos mellores correspondentes estranxeiros na prensa internacional sobre a Guerra Civil.

A mostra tivo unha gran repercusión nos medios de comunicación, tanto españois como nos estranxeiros.

Así o prestixioso The New York Times publicou o pasado 30 de xaneiro unha extensa crónica baixo o título Cando os reporteiros toman partido: España revisa a súa Guerra Civil.

8 de marzo de 2007
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez