O proxecto na prensa

Compilación de prensa periódica con referencia á actividade do Proxecto.

``lla da Memoria´´ exhíbese no Instituto Castelao de Vigo

Galicia-Hoxe, 13 de febreiro de 2007

A exposición Illa da Memoria chega hoxe ao Instituto de Educación Secundaria (IES) Castelao de Vigo para dar a coñecer a represión franquista. A mostra, que se puido ver no 2006, declarado Ano da Memoria, na propia illa, comeza agora un percorrido que a levará por varias localidades galegas. Ata o 20 de febreiro, os visitantes atoparán no centro de ensino vigués imaxes e documentos que dan conta do acontecido en Galicia durante a ditadura, na que a Illa de San Simón, situada na ría de Vigo, se convertera nun cárcere polo que pasaron máis de 5.000 presos políticos. Promovida pola Consellería de Cultura, a exposición conta con arquivos, documentos da época, imaxes, debuxos, poemas e cartas dos propios reclusos.

13 de febreiro de 2007

As Redes Escarlata con Dionísio Pereira, contra o fascismo

redesescarlata.org, 12 de febreiro de 2007

‘‘As Redes Escarlata queren mostrar a súa solidariedade con Dionísio Pereira. E queren sumarse a el na denuncia de todos e cada un dos fascistas que deberían ocupar asento no banco de acusados por Crime contra a Humanidade.(..)’’

12 de febreiro de 2007
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez