O proxecto na prensa

Compilación de prensa periódica con referencia á actividade do Proxecto.

A familia dun alcalde falanxista demanda a un historiador

El País, 14 de febreiro de 2007

O historiador Dionisio Pereira terá que acudir mañá ao xulgado de paz de Cerdedo para responder por unha frase incluida nun libro sobre a represión franquista na zona. A familia do ex alcalde de Cerdedo, Manuel Gutiérrez, antigo xefe da Falange local, esixe que se retracte e unha indemnización por danos y perxuizos. “Nen quero nen podo retractarme”, afirma Pereira. “Está en xogo a dignidade das vítimas”.

14 de febreiro de 2007

Demandan a Dionisio Pereira por afondar na represión

Galicia-Hoxe, 14 de febreiro de 2007

O historiador Dionisio Pereira, impulsor do Barco da Memoria da Xunta de Galicia e un dos maiores especialistas na represión franquista, terá que estar mañá no xulgado de Cerdedo para dous actos de conciliación. O motivo da denuncia é ter mentado -nun libro como "presuntos" e nun relatorio sen ese carácter- os nomes dalgunhas persoas vinculadas aos "paseos" en Cerdedo despois do 18 de xullo do 36. Pereira xa anunciou que non se retractará nin desvelará as fontes da súa información.

14 de febreiro de 2007

Máis de cen persoas fan chegar o seu apoio ao historiador Dionisio Pereira

La Voz de Galicia, 14 de febreiro de 2007

Máis dun centenar de persoas fixeron chegar o seu apoio ao cerdedense Dionisio Pereira, denunciado polos descendentes de dous veciños aos que o historiador vincula nun estudo publicado recentemente coa represión franquista no municipio.

14 de febreiro de 2007

A familia dun ex-alcalde franquista de Cerdedo denuncia un historiador

Vieiros, 13 de febreiro de 2007

Piden unha indemnización e que o autor da investigación se retracte

13 de febreiro de 2007

Unha denuncia do historiador Dionisio Pereira

As uvas na solaina, 13 de febreiro de 2007

A familia (residente en Pontevedra) do antigo alcalde de Cerdedo (dende 1950) e xefe local de Falange nos días que seguiron ao golpe militar, Manuel Gutiérrez Torres, familia que tamén está emparentada con outro falanxista de primeira hora, Francisco Nieto, tenme presentado unha demanda de conciliación que se verá o día 15 de febreiro ás 11h no Xulgado de Paz de Cerdedo, por publicar no libro "A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo" editado en 2006 por "Verbo Xido" a seguinte frase: "Persoas sinaladas pola súa presunta participación en diversas manifestacións da represión: Angel, Luis e Manuel Gutiérrez Torres (xefe da Falange, alcalde de Cerdedo nos anos 40 e 50), Eligio e Francisco Nieto (falanxistas)...." Tamén o fan por unha frase semellante publicada no meu traballo incluído nas Actas do Congreso da Memoria celebrado en Narón en decembro de 2003. (..)

13 de febreiro de 2007
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez