O proxecto na prensa

Compilación de prensa periódica con referencia á actividade do Proxecto.

Madrid acollerá un congreso internacional sobre a Guerra Civil

Yahoo Noticias, 14 de novembro de 2006

A Guerra Civil será o centro dun congreso internacional que reunirá do 27 ó 29 de novembro en Madrid a numerosos especialistas.

(...)

14 de novembro de 2006

Dumbría recordará aos heroes mortos pola liberdade cunha rúa e unha praza

La Voz de Galicia, 13 de novembro de 2006

A nova Casa dá Cultura de Berdeogas (Dumbría) vestiuse de gala o pasado venres para homenaxear a un paisano esquecido ata fai moi pouco: Máximo Ingilde Maceiras, o veciño de Olveiroa que logo de loitar no bando republicano durante a Guerra Civil pasou a Francia, onde el só conseguiu pór contra as cordas a un destacamento de nazis.

13 de novembro de 2006

Unha escultura recorda ás víctimas do franquismo

La Voz de Galicia, 12 de novembro de 2006

A obra de Fernando Casás consiste en catro troncos de árbore en bronce, que se

integrarán no bosque de plátanos xunto a pasarela peonil da Illa da Xunqueira

12 de novembro de 2006

Ames recupera a memoria histórica

concellodeames.org, 12 de novembro de 2006

Conferencias, mesas redondas, roxeccións de documentais, teatro e unha homenaxe ás vítimas do franquismo en Ames servirán para que durante unha semana o Concello renda culto á memoria dos represaliados e represaliadas da Guerra Civil e da ditadura.

12 de novembro de 2006

Retíranlle a Franco a distinción honoris causa da USC

InfoRosal sábado, 11 de novembro de 2006

A Universidade de Santiago retíralle a Franco a distinción "honoris causa" que lle concedera no ano 65

11 de novembro de 2006
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez