Xosé Manoel Núñez Seixas participará nas xornadas 'Exilios y migraciones. Aragón en el camino', en Zaragoza

Xosé Manoel Núñez Seixas participará nas xornadas 'Exilios y migraciones. Aragón en el camino', en Zaragoza

O luns día 25 de abril terán lugar as xornadas Exilios y migraciones. Aragón en el camino en Zaragoza, unha actividade organizada polo Gobierno de Aragón. Departamento de Educación, Cultura y Deporte.

Xosé Manoel Núñez Seixas, Catedrático de Historia Contemporánea pola USC e coordinador do Proxecto Interuniversitario "Nomes  e Voces" participará no programa destas xornadas coa conferencia: "Un continente en fuga. Éxodos en la Europa del siglo xx", e será presentado polo profesor Alberto Sabio Alcutén, da Universidad de Zaragoza.

Exilios y migraciones. Aragón en el camino constitúe unha proposta de análise e divulgación dos grandes  movementos de poboación habidos en Europa durante o convulso século XX. Desprazamentos forzados de cidadáns entre distintos países, pogroms, depuración étnica, xenocidios, persecucións, exilios, deportacións… galonan as páxinas da Historia desde as guerras balcánicas de 1912-1913, pasando polos períodos de entreguerras, os transvases de poboación xerados polos cambios de fronteiras en 1940-47, as consecuencias da guerra fría ou da desintegración de Yugoslavia no último decenio do século. Tamén pretende ofrecer unha visión global en torno ás consecuencias da guerra civil, tanto no concernente á saída de España de escritores, científicos, artistas ou militares republicanos abocados ao desarraigo e ao estrañamento, aos campos de concentración e exterminio, canto ao obrigado exilio interior ao que foron condenados os perdedores como consecuencia das leis represoras do Réxime. Finalmente abordaranse fenómenos particulares como a emigración económica española de mediados do pasado século, a despoboación no ámbito rural aragonés ou políticas como a que determinou a construción de pobos de colonización. Así mesmo, pretendese ofrecer unha mirada crítica e obxectiva á realidade dun Aragón multiétnico, que acolle e trata de integrar a unha poboación que busca as súas oportunidades vitais neste territorio.

Gardado en Noticias 19 de abril de 2011 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez