Xosé Manoel Núñez Seixas imparte unha palestra na York University

Xosé Manoel Núñez Seixas imparte unha palestra na York University

O día 1 de abril ás 12.30 horas, o Catedrático de Historia Contemporánea na USC e Coordinador do Proxecto "Nomes e Voces", Xosé Manoel Núñez Seixas, impartirá  a palestra: "Protectors or Bystanders. The Spanish Blue Division at the Eastern Front and the Jews, 1941-45" na Faculty of Liberal Arts&Professional Studies, da York University.

A xornada está organizada polo Department of History, Centre for Jewish Studies, The Canadian Centre for German and European Studies e a Faculty of Liberal Arts&Professional Studies.

Esta actividade desenvolvese no marco da estadía do profesor Núñez Seixas en EEUU até o mes de maio, tempo no que participará en diferentes programas e actividades en distintas cidades norteamericanas, como é o caso do ciclo de cinema "De tierras y miradas" organizado en Nova York por NYU/CUNY, dentro do cal o día 7 de abril presentarase o documental "La tempestad del 36", cuxo guión foi realizado por Núñez seixas e Manuel Rivas, coa participación de Dionisio Pereira e Julio Prada.

Gardado en Seminarios 30 de marzo de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Investigación, Historia

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez