Xosé Manoel Núñez Seixas, debate sobre a 'Operación Barbarroja' en RTVE2

Xosé Manoel Núñez Seixas, debate sobre a 'Operación Barbarroja' en RTVE2

O Catedrático de Historia Contemporánea da USC e coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces', Xosé Manoel Núñez Seixas, ven de participar no programa televisivo Para Todos, de RTVE2, no debate acerca da invasión da URSS por parte dos nazis. O coloquio contou ademais con José María Faraldo, Historiador e Escritor e Ricardo Artola, Historiador e Editor.

 En xuño de 1941, o Tercer Reich alemán pon en marcha a maior operación militar terrestre da historia, coñecida como 'Operación Barbarroja': catro millóns de homes, 4.400 tanques e 4.000 avións lánzanse á invasión da Unión Soviética. O que debería ser unha guerra lóstrego e unha vitoria máis dos exércitos alemáns, convértense nun  longo e cruento episodio bélico, que resultará decisivo para o desenlace final da Segunda Guerra Mundial.

Ver Coloquio RTVE2

Gardado en Medios 8 de maio de 2011 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez