Videos.1936 UN NOVO RELATO? 80 ANOS ENTRE HISTORIA E MEMORIA

Videos.1936 UN NOVO RELATO? 80 ANOS ENTRE HISTORIA E MEMORIA

Están a dispoñibilidade os vídeos do Congreso Internacional

1936 UN NOVO RELATO? 80 ANOS ENTRE HISTORIA E MEMORIA

Santiago de Compostela, 18-20 de xullo de 2016

O Congreso sentou as bases para unha reconceptualización da memoria e da historia sobre o golpe, a guerra e a ditadura que deu comezo o 18 de xullo de 1936. No congreso participaron 160 persoas: 50 matriculados, 54 de entrada libre, 36 relatores e 21 comunicantes. As sesións plenarias contaron coa presenza de especialistas internacionais como María Ángeles Egido León, Germán Labrador Méndez, Elina Liikanen, Reyes Mate, Ulrich Winter, entre outros. As conferencias maxistrais desenvolvéronse no Teatro Principal, e constituíron un éxito rotundo, con máis de 100 asistentes por sesión. Os conferenciantes foron, Carlos Castresana, Elisabeth Jelin e Ben KIernann. Ademais, a ofrecida por este último foi realizada con tradución simultánea, o que non supuxo atranco ningún para que máis de 150 persoas asistiran á mesma e na que o Presidente da Deputación da Coruña procedeu á clausura do Congreso. En breve, as tres charlas maxistrais estará na disposición do público a través da páxina do Grupo HISTAGRA, histagra.usc.es.

Prema aquí para acceder á lista de reprodución

Máis Información:

Grupo HISTAGRA

Departamento de Historia. Fac.  de Xeografía e Historia, Praza da universidade, 1, 15782 Santiago de Compostela

T. 881812734

histagra.usc.es

Gardado en Congresos 21 de decembro de 2016 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Guerra civil, Guerra civil española

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez