V Encontro O Son da Memoria: As coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital

V Encontro O Son da Memoria: As coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital

Hoxe, venres día 27 de abril, o Consello da Cultura Galega organiza o V Encontro O Son da Memoria: As coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital, que terá lugar no Auditorio da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

O encontro será dun día de duración e nel contarase coa presenza de representantes de arquivos de medios de comunicación, universidades e institucións galegas e mais de grupos de recompilación etno-musical para debater as novas realidades e estudar as formas de coordinación posibles entre os diferentes arquivos en prol da rendibilidade da documentación dispoñible.

Ás 12.30 horas, Lourenzo Fernández Prieto (Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela) participará na mesa redonda: "Os Arquivos nas Universidades Galegas", xunto con Francisco Fernández Rei (Instituto da Lingua Galega) e Camiño Noia (Universidade de Vigo). Modera a mesa, Antón Santamarina.

A asistencia ao encontro é libre e gratuíta. As prazas ocuparanse por estrita orde de inscrición ata completar a capacidade do auditorio (120 persoas).

Para asistir é preciso confirmar asistencia neste correo electrónico ou no seguinte formulario habilitado no sitio oficial do Consello da Cultura Galega.

Gardado en Xornadas 27 de abril de 2012 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez