Seminario sobre o exilio republicano en Mexico co profesor Luciano Concheiro

Seminario sobre o exilio republicano en Mexico co profesor Luciano Concheiro

Onte día 12 de decembro ás 18.00 horas na biblioteca do Consello da Cultura Galega, o Profesor e Investigador Luciano Concheiro (Universidad Autónoma Metropolitana, México), participou nun seminario aberto, dedicado ao exilio republicano en México. A actividade foi organizada polo Consello da Cultura Galega e o "Proxecto Nomes e Voces".

Luciano Concheiro (Universidad Autónoma Metropolitana, UAM) imparte docencia nas seguintes licenciaturas: Economía, Socioloxía e Desenvolvemento Rural; sendo a súa principal liñas de investigación o estudo de mercado de terras en México. Na súa investigación realiza un diagnóstico e estuda alternativas sobre o mercado de terras para establecer unha proposta campesiña. Dirixe un estudo a nivel nacional e en concreto nos Ejidos de Oacalco e Tepoztlán, Morelos. Así mesmo, desenvolve unha investigación sobre a relación Estado e Campesiños en México. En canto ao mercado de terras, traballa en equipo con Tarrío e Diego; e na análise das políticas, programas e estratexias do goberno para o medio rural co conxunto do equipo.
Tamén é integrante do Programa de Desarrollo Humano en Chiapas e está desenvolvendo unha investigación sobre a estrutura agraria nese estado despois do levantamento armado do primeiro de xaneiro de 1994.

Outras das súas áreas de traballo son o Estado e  a sociedade rural e a Ecoloxía e desenvolvemento rural.

Entre as súas publicacións destacan os libros:  Privatización en el mundo rural: Las historias de un desencuentro, México DF: UAM-X, CSH, Depto. de Producción Económica; 1998, 1ra. edición, pp. 376; Los Mercados de Tierras en México,  Roma:  FAO, Roma, 1994; os artigos: "Nueva ruralidad y desarrollo territorial. Una perspectiva desde los sujetos sociales",  Veredas 18, Primer semestre de 2009/año 10, Págs. 145-167; "Chiapas: los cambios en la tenencia de la tierra", Argumentos 51, Nueva época, año 19, mayo-agosto 2006; "Avances en la enseñanza del desarrollo rural", en  Red de Instituciones vinculadas a la capacitación en economía y políticas agrícolas en América Latina y el Caribe. Brasil: Ed. REDCAPA/FAO/Universidade Federal Rural do Rio de Janeiro; Rio de Janeiro, 1996. p.33.

Ver galería de imaxes

Gardado en Seminarios 13 de decembro de 2011 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez