Seminario 'Migracións e memoria histórica' no Consello da Cultura Galega

Seminario 'Migracións e memoria histórica' no Consello da Cultura Galega

Lourenzo Fernández Prieto participa neste seminario coordinado por Antonio Izquierdo e Ramón Villares Paz no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, durante os días 13 e 14 de xuño de 2013.

O seminario estrutúrase en tres grandes bloques. No primeiro examinaranse os aspectos xurídicos, institucionais e históricos da Lei da Memoria Histórica e as súas repercusións en España durante os últimos anos. No segundo bloque examinaranse exemplos de lugares de destino para a emigración (e o exilio) de españois en América (Arxentina, México). E no terceiro bloque presentaranse os primeiros resultados de investigación sobre inmigración e memoria histórica.

PROGRAMA

- 13 DE XUÑO -

09:30 h Inauguración do Seminario

10:00 h

As institucións e asociacións dos españois no mundo
Aurelio Miras Portugal. Director Xeral de Migracións

11:00 h

Recepción e acollida de asilados políticos na España democrática

Carmiña Escrigas Galán. Oficina de Asilo e Refuxio de España, Ministerio do Interior.

12:00 h Pausa

12:30 h

A xestación da Lei da Memoria Histórica en España
Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Historia Contemporánea da USC e Investigador principal do
Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces

Francisco Caamaño. Catedrático de Dereito Constitucional da Universitat de València e Deputado do
Parlamento de Galicia

14:00 h Remate da sesión da mañá

16:30 h

Transnacionalismo e estratexias interxeracionais de mobilidade Rodolfo García Zamora. Universidad Autónoma de Zacatecas

17:30 h

Emigrantes, exiliados, emigrantes. Os españois e a Arxentina nunha perspectiva de longo prazo

Fernando Devoto. Universidad de Buenos Aires

18:30 h  Pausa

19:00 h

Os solicitantes de nacionalidade española: memoria e xeración

Montserrat Golías Pérez. Investigadora, Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI),
Universidade da Coruña

- 14 DE XUÑO -

09:30 h

Cidadáns da memoria histórica
Antonio Izquierdo Escribano. Catedrático de Socioloxía, Universidade da Coruña

10:15 h

Os netos do exilio
Luca Chao. Investigadora de ESOMI. Universidade da Coruña

10:30 h

Dereito de Nacionalidade e Disposición Adicional 7ª da Lei 52/2007
Aurelia Álvarez. Profesora titular de Dereito, Universidade de León

11:30 h Pausa

12:00 h

As motivacións e oportunidades migratorias dos solicitantes da Disposición Adicional 7ª da Lei da Memoria Histórica
Raquel Martínez. Profesora de Socioloxía, Universidade da Coruña

13:00 h Conferencia de clausura:
O exilio español en México e as súas repercusións na cultura hispanoamericana Javier Garcíadiego. Director do Colegio de México

14:00 h Clausura do Seminario

Gardado en Seminarios 13 de xuño de 2013 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez