Seminario "James C. Scott in Iberia power, anthropology and history"

Seminario "James C. Scott in Iberia power, anthropology and history"

O martes 17 de abril, celebrarase no Instituto Universitário de Lisboa (ISCTE - IUL)  o Seminario "James C. Scott in Iberia power, anthropology and history".

Este seminario reúne ao Profesor James C. Scott  xunto a un grupo de investigadores ibéricos, entre os que participan os membros do Grupo HISTAGRA: Lourenzo Fernández Prieto, Miguel Cabo, Ana Cabana, Daniel Lanero, Araceli Freire e Alba Díaz. Todos eles terán a oportunidade de discutir ou ben traballar desde o diálogo coa obra que Scott levou a cabo. Estudos empíricos en contextos ibéricos ou contribucións que se toman o traballo de Scott como un obxecto de reflexión teórica.

O investigador antropólogo e politólogo James C. Scott (nado o 2 de decembro de 1936) é Catedrático Sterling de Ciencias Políticas na Universidade de Yale e Director do Programa de Estudios Agrarios. Entre as súas publicacións destacan: Art of Not Being Governed: An Anarchist History of Upland Southeast Asia, Yale University Press, 2009; Seeing Like a State: How Certain Schemes to Improve the Human Condition Have Failed, Yale University Press, 1998; Domination and the Arts of Resistance: Hidden Transcripts, Yale University Press, 1990; Weapons of the Weak: Everyday Forms of Peasant Resistance, Yale University Press, 1985; The Moral Economy of the Peasant: Rebellion and Subsistence in Southeast Asia, Yale University Press, 1979.

O Comité organizador está formado por: Diego Palacios Cerezales, Diogo Duarte, José Manuel Sobral, José Neves, Lourenzo Fernández Prieto e Miguel Cabo.

Gardado en Seminarios 16 de abril de 2012 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez