Seminario con James Matthews, venres 13 de xuño

Seminario con James Matthews, venres 13 de xuño

O Grupo de Investigación Histagra celebra o vindeiro venres día 13 de xuño, ás 12h na Aula de Máster do Departamento de Historia Contemporánea, o seu derradeiro Seminario de Investigación do curso 2013-14 no que participará o profesor James Matthews, doutor en Historia de España pola Universidade de Oxford, na actualidade Marie Curie Intra - European Fellow no Centre for War Studies do University College Dublin.

O seminario consistirá no debate da súa obra Soldados a la fuerza. Reclutamiento obligatorio durante la Guerra Civil, 1936-1939, editada por Alianza en 2013.

O desenvolvemento da actividade axustarase ao seguinte esquema:

1. Presentación da obra por parte do autor (15 mins).

2. Comentario a cargo da Investigadora de Histagra Aurora Artiaga (15 mins.).

3. Comentario a cargo do Investigador de Histagra Francisco Leira (15 mins.).

4. Quenda de réplica por parte do investigador convidado.

5. Debate colectivo.

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez