Revolta, Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia, organiza o seminario Que futuro para o agro?

Revolta, Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia, organiza o seminario Que futuro para o agro?

Hoxe venres día 3 de febreiro ás 10.00h., dará comezo o seminario-debate: "Que futuro para o agro?", unha iniciativa organizada pola Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia, que terá lugar na Escola de Capacitación Agraria Pedro Murias (Vilaframil-Ribadeo).

A Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia organiza esta actividade para interrogar o estado actual do agro, abordando esta cuestión sen restricións, desde os diferentes puntos de vista existentes no mundo científico e académico: agronomía, economía, agroecoloxía, antropoloxía e socioloxía, bioloxía, tecnoloxía de alimentos, edafoloxía, xeografía, dereito e ciencia política.

Este Seminario que se realizará a porta pechada, contará entre os seus convidados con profesionais de distintos ámbitos: os Investigadores Principais dos Grupos da Rede ReVolta: Lourenzo Fernández Prieto (Histagra), Xabier Simón Fernández (Gieea), Xoán Carlos Carreira (Cosmerun), Rafael Crecente Maseda (Laborate) e Xan Carmona (Gespic); xunto ao Catedrático de Historia Contemporánea, Xosé Ramón Villares Paz, o Catedrático en Edafoloxía e Química Agrícola, Francisco Díaz-Fierros; os profesores Xosé Luis Barreiro Rivas, Ana Isabel García Arias, Edelmiro López Iglesias, Felipe Macías amais do ex-presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño; o arqueólogo Felipe Criado, o arquitecto Manuel Gallego Jarreto e os enxeñeiros Xan López Facal e Francisco Javier López González, entre outros.

Ver listaxe completa de participantes

Gardado en Xornadas 31 de xaneiro de 2012 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez