Renovado o Convenio entre a Deputación de Lugo e a USC

Renovado o Convenio entre a Deputación de Lugo e a USC

O pasado mes de decembro de 2013 a Deputación de Lugo, por medio da súa Vicepresidencia Primeira, e a USC, a través do Proxecto Nomes e Voces, renovaron o convenio de investigación que sobre o estudo da represión franquista na provincia de Lugo se está a desenvolver desde hai tres anos. Nesta ocasión,  os labores centraranse no acceso á consulta dos datos de represaliados naturais e veciños da provincia  e no asesoramento científico para a elaboración e edición de publicacións de investigacións baseadas nos devanditos datos.

Os obxectivos principais do convenio son:

— Acceso e utilización da base de datos de Nomes e Voces, para tarefas de consulta relacionadas co traballo que se desenvolva desde a Área de Cultura da Deputación.

— Asesoramento para as publicacións de datos da investigación realizada por Nomes e Voces, tanto en rede como en soporte papel.

— Posta a disposición pública da totalidade dos datos referidos á represión franquista en Galicia, e singularmente en Lugo, mediante a implementación de mecanismos técnicos que faciliten esta tarefa aos usuarios.


Así mesmo, seguirase coa documentación e posta en valor de diversos patrimonios documentais privados mediante o escaneado, catalogación, arquivo e posta a disposición pública de todas as fontes inéditas recuperadas e dixitalizadas.

Grazas ao apoio da Deputación Provincial de Lugo a través da sinatura deste convenio, podemos seguir ofrecendo á cidadanía datos e documentos referidos á ditadura franquista na provincia a través da páxina www.nomesevoces.net posibilitando as melloras necesarias nas bases de datos de nomes e imaxes do Proxecto.

Gardado en Noticias 16 de febreiro de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Investigación, Historia

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez