Publicadas as actas oficiais do 23 de febreiro de 1981

Publicadas as actas oficiais do 23 de febreiro de 1981

O Congreso de los Diputados ven de facer públicas as actas oficiais do 23 de febreiro de 1981, redactadas polos catro secretarios que naquel momento formaban parte da Mesa de la Cámara Baja: Víctor Manuel Carrascal, Leopoldo Torres, Soledad Becerril e José Bono.

Neste documento, oculto até o momento, relátanse as 18 horas de incertidume que viviu o Estado cando os militares, encabezados polo ex-tenente coronel Antonio Tejero Molina, tomaron pola forza o Parlamento.

Recibimos esta publicación como unha boa nova para o eido da investigación histórica, sendo unha parte esencial do traballo do historiador o dereito de acceso a arquivos e ás distintas fontes de investigación.

Gardado en Noticias 25 de febreiro de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Historia

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez