Ven de publicarse o libro 'Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía' (Ediciones Trea, 2012). Este libro recolle as cuestións que se abordaron no Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz organizado polo Proxecto 'Nomes e Voces' en Santiago de Compostela no ano 2010.
O golpe de Estado de 1936, a guerra civil e a posterior represión franquista, as ditaduras americanas, o xenocidio, a persecución e a liquidación do inimigo político, a recuperación da memoria e a voz das vítimas: olvidar, lembrar, reparar e superar... Estas son algunhas das cuestións que se abordaron no Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación y Cultura de Paz, cuxos resultados se plasman nesta obra, na que, coa historia como epicentro e a memoria como referente, explícase a convivencia do noso presente cun pasado incómodo, co que resulta difícil convocar acordos e que está plagado de lecturas partidistas.
Este libro presenta distintas aportacións e debates desde diferentes ámbitos de coñecemento e desde a propia sociedade civil organizada para recuperar e reivindicar a memoria. En conxunto, trátase dunha obra na que se reflexiona sobre os totalitarismos e as súas vítimas, sobre as múltiples formas de abordar seu coñecemento e sobre a necesidade de reparar a súa memoria. Supón unha contribución a un amplo debate de dimensións internacionais, e apenas aberto en España, no que se dan cita a historia, o dereito, a administración, a opinión pública, a política ou a sociedade civil.
Sobre os autores:
Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa, Ribadeo, Lugo, 1961), catedrático de historia contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, actualmente é director do Departamento de Historia Contemporánea e de América desta universidade e investigador principal do grupo de referencia competitiva Histagra. A súa investigación centrase principalmente na historia agraria e a historia social e política do mundo rural contemporáneo, abrindo líñas de investigación sobre a transformación da agricultura atlántica de pequena explotación; medio ambiente e revolución verde; cambio tecnolóxico e políticas agrarias do franquismo e os fascismos; construción da cidadanía e cambio social, ou a sociedade rural do franquismo. Desde o 2006 coordina o proxecto interuniversitario Nomes e Voces, dedicado ao estudo da guerra civil e a persecución política en Galicia. Entre as súas publicacións máis recentes destacan El apagón tecnológico del franquismo. Estado e innovación en la agricultura española del siglo XX (2007), Atraso económico nunha sociedade destruída (2008), Dinamismo social e desenvolvemento económico (2008), Facendo historia con memoria (2009) e Informe de resultados. Vítimas Galicia (1936-1939) (2010).
Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz
Galería de imaxes das xornadas do Coloquio Internacional
La USC identifica 513 víctimas de la represión en la guerra de 1936 (La Voz de Galicia)