Proxección de "Las manos en la tierra" de Virginia Martínez

Proxección de "Las manos en la tierra" de Virginia Martínez

Hoxe mércores 27 de outubro ás 20.00 horas, no Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”, proxectarase por primeira vez fóra de terras suramericanas, o documental “Las manos en la tierra” da cineasta Virginia Martínez (Montevideo, 1959), nun acto organizado polo Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”, a Universidad de la República Uruguay, a Universidade de Santiago de Compostela, O CSIC e Aceituna Films.

 Tras a proxección da película celebrarase unha charla coloquio coa participación do director do Proxecto Nomes e Voces, Lourenzo Fernández Prieto, o antropólogo e director das excavacións, José López Mazz, e o coordinador da área de Ciencias humanas e Sociais do CSIC.

 O tema desta película, que ven de recibir o premio DOCTV Latinoamérica, parte dos traballos de escavación que desenvolven un grupo de arqueólogos da Universidad de la República de Uruguai en xuño de 2005, cando entran por primeira vez na historia do país, nun cuartel militar para atopar os restos de detidos-desparecidos durante a ditadura en Uruguai entre 1973 e 1985. O documental reconstrúe a trama do proceso de escavacións, que marca un antes e un despois na historia do país, rexistrando e acompañando a busca dos corpos.

Gardado en Noticias 27 de outubro de 2010 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez