Presenza do Proxecto en Sada

Presenza do Proxecto en Sada

O pasado sábado día 11 de outubro, no marco das II Xornadas Irmáns Suárez Picallo, organizadas pola Comisión Irmáns Suárez Picallo en Sada, tivo lugar unha mesa redonda onde participou Gustavo Hervella García, investigador contratado no Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares". A mesa, que levaba por título “A represión en Sada - intervención de testemuñas da represión franquista”, reuniu varias testemuñas que reflexionaron sobre a represión da guerra civil e franquismo na vila coruñesa, poñendo á disposición da cidadanía a posibilidade de achegarse a esta etapa da historia do país. Ademais de Gustavo Hervella, atopábanse como participantes da mesa tres familiares de represaliados veciños de Sada; un sobriño dos irmáns Suárez Picallo, o presidente da Asociación Irmáns Suárez Picallo e sobriño dun paseado, Amable Castiñeira e Jesús, irmán dun falecido na fronte de Cataluña en 1938. O debate articulouse ao redor das lembranzas destes testemuñas da represión, tendo como punto de partida a presentación do Proxecto de investigación “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" e os estudos que se están a realizar en relación ás vítimas do franquismo e das achegas á realidade histórica do concello de Sada.

Gardado en Noticias 14 de outubro de 2008 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez