Preséntanse as conclusións do proxecto «Nomes e Voces» no Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia»

Preséntanse as conclusións do proxecto «Nomes e Voces» no Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia»

O próximo mércores 11 de xuño, Lourenzo Fernández Prieto, membro de Histagra e responsable do proxecto Nomes e Voces presentará o relatorio «Conclusións do proxecto de nomesevoces.net. Para unha nova ollada sobre o pasado incómodo» nunha sesión do Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia» que se desenvolverá das 12 ás 14 h. na Sala Ramón Carande do Centro de Ciencias Humanas y Sociales do CSIC en Madrid.

O Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia», que ten como obxectivo indagar no estudo da memoria e a política en sociedades contemporáneas desde unha perspectiva  interdisciplinar, está promovido polo proxecto «El pasado bajo tierra: Exhumaciones y políticas de la memoria en la España contemporánea en perspectiva transnacional y comparada» do Grupo de investigación Políticas de la memoria, memorias de la violencia e da Asociación Memorias en Red.

Gardado en Conferencias 2 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Páxina Web, Memoria, Franquismo, Investigación, Represión

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez