Presentación do mapa de fosas do Ministerio de Justicia

Presentación do mapa de fosas do Ministerio de Justicia

O venres 6 de maio ás 11.00 horas, na Sala de Prensa do Ministerio de Justicia,  tivo lugar o acto de presentación do Mapa de fosas da Guerra Civil instalado na Web da memoria histórica posta en marcha polo Goberno. Neste acto presentouse o funcionamento de dito Mapa e  os mecanismos para a súa localización xeográfica, que abrangue todo o territorio español no que se sinalan terreos nos que se teñen localizado restos de persoas desaparecidas violentamente durante a Guerra civil ou a represión política posterior.

O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" asistiu a dito evento, no marco da estreita colaboración que está a desenvolver coa Subsecretaria de Justicia en materia de localización dos lugares de morte e enterramentos no caso da xeografía galega. Así, o Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces, publicará nos próximos meses en internete, distintos mapas nos que se reflectirán a represión franquista en Galicia. Así os lugares da memoria, lugares de morte e lugares de enterramento poderán ser localizados e ilustrados acompañados dunha ficha completa de información.

Neste acto, presentouse igualmente, a publicación (formato CD) do Ministerio de Justicia, da recompilación da normativa promulgada en materia de Memoria Histórica.

Novas relacionadas:

Europa Press

Diario de León

La información

Gardado en Presentacións 12 de maio de 2011 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez