Presentación do libro "Represalia e desagravio dun médico lucense republicano", de José Luis Díaz Gómez

Presentación do libro "Represalia e desagravio dun médico lucense republicano", de José Luis Díaz Gómez

Hoxe xoves 30 ás 19.00 horas, no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), terá lugar a presentación do libro de José Luis Díaz Gómez, Represalia e desagravio dun médico lucense republicano (Ediciós do Castro, 2009), nun evento organizado polo  Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces".

O acto, presentado e moderado polo Catedrático de Historia Lourenzo Fernández Prieto, Investigador Principal do Proxecto, contará coa presenza do autor, que estará acompañado pola profesora María Jesús Souto Blanco, coordinadora do Proxecto “Nomes e Voces”, xunto a Isaac Díaz Pardo e Xosé Ramón Fandiño, como representantes da editora. 


José Luis Díaz Gómez, médico de profesión e investigador na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM),  é sobriño de Manuel Díaz González (Incio, 1886), médico republicano que foi duramente represaliado tras o levantamento militar de 1936. A presentación deste libro trae a primeiro termo a cuestión da recuperación da memoria da represión franquista, protagonizada neste caso por este médico do Incio que foi elixido alcalde, e máis tarde, deputado provincial por Lugo.

Gardado en Noticias 30 de setembro de 2010 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez