Presentación do libro "Largo Caballero. El tesón y la quimera". Homenaxe ao seu autor Julio Aróstegui (1939-2013)

Presentación do libro "Largo Caballero. El tesón y la quimera". Homenaxe ao seu autor Julio Aróstegui (1939-2013)

O vindeiro venres 22 de febreiro ás 20.00h., no Museo Casares Quirora na Coruña, presentarase o libro Largo Caballero. El tesón y la quimera". Homenaxe ao seu autor Julio Aróstegui (1939-2013).

O acto, organizado polo Ateneo Republicano de Galicia coa colaboración da Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña, O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" e o grupo HISTAGRA, será presentado por Jesús Mosquera, Presidente da Fundación Luis Tilve, e contará coa participación do Profesor da USC Lourenzo Fernández Prieto e Jorge Marco, colaborador do Profesor Aróstegui na Cátedra Memoria Histórica do século XX na UCM.

Julio Aróstegui (Granada 1939 - Madrid 2013) foi catedrático emérito de Historia Contemporánea na Universidade Complutense de Madrid e director da Cátedra "Memoria Histórica del Siglo XX". Entre os seus traballos destacaron as aportacións relacionadas coa violencia política na Historia contemporánea española, a guerra civil, o carlismo, o movemento obreiro, os conflitos traumáticos e a memoria colectiva.

Auténtico herdeiro de Pablo Iglesias, Francisco Largo Caballero foi o dirixente obreiro máis relevante e influinte da España so Século pasado. Arquetipo de dirixente de masas, sindicalista, político, ministro  e presidente do Goberno, o momento culminante da súa traxectoria chegou nos anos trinta, xa a unha avanzada idade. A personalidade e a actuación de Largo Caballero foron sempre complexas, poliédricas e incluso contraditorias. Tocoulle vivir tempos convulsos en primeira liña de da política: a ditadura de Primo de Rivera, a República e a Guerra Civil. O seu liderazgo e as súas decisións teñen sido moi criticados, e a súa figura, terxiversada con frecuencia, ten concitado a miúdo opinións adversas, con poucas aínda que notables excepcións.        

Gardado en Presentacións 21 de febreiro de 2013 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez