Presentación do libro "Juan Tizón Herreros. El Pensamiento hecho palabra"

Presentación do libro "Juan Tizón Herreros. El Pensamiento hecho palabra"

Hoxe venres dia 12, as 19.00 horas na Galeria Sargadelos (Praza de España nº 2, Monforte de Lemos), terá lugar o acto de presentación do novo libro editado pola Fundación Luís Tilve titulado: "Juan Tizón Herreros. El Pensamiento hecho palabra".

 O libro recolle as obras inéditas de Juan Tizón Herreros, que foi elixido Secretario da 3ª Zona do Sindicato Nacional Ferroviario da UGT (con sede en Monforte) en outubro de 1929, sendo posteriormente Alcalde de Monforte e Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo. Fuxido tralo alzamento militar de 1936 (vivencia que se recolle nesta obra), morrería exiliado en Oporto (Portugal) en 1945.

 A obra fai tamén un percorrido biográfico do autor e líder obreiro, realizado pola historiadora Rosa Mª López González, a partir da documentación aportada pola familia e dos traballos de investigación levados a cabo polo equipo de historiadores da Fundación.


 O acto de presentación contará coas intervencións de:


 - Xesús Mosquera Sueiro, Presidente da Fundación Luís Tilve.

 - Mario Docasar Docasar, Secretario Xeral de UGT-Lemos.

 - Emilio Bahamonde López, Secretario Xeral de FTCM-UGT-Galicia.

 - Severino Rodríguez Díaz, Alcalde de Monforte.

 - Rosa María López González, historiadora.

 - Raúl Solleiro Mella, xenro de Juan Tizón, en representación de la familia.



Gardado en Noticias 12 de novembro de 2010 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez