Presentación do libro "José Pasín Romero" do Investigador Dionisio Pereira

Presentación do libro "José Pasín Romero" do Investigador Dionisio Pereira

Hoxe luns día 16 de abril, o investigador e economista Dionisio Pereira presenta o seu último libro: José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela, editado pola Fundación 10 de Marzo.

A presentación contará coa presenza do autor que estará acompañado polo profesor Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto 'Nomes e Voces', e Víctor Santidrián, da Fundación 10 de marzo. 

José Pasín Romero , de profesión ebanista e natural de Compostela, no momento do golpe militar, fuxe e vive oculto nos montes da contorna, até que en 1939 se entrega, tras o bando do gobernador Gómez Cantos, que lle permite ficar en liberdade vixiada. Condeado por responsabilidades políticas a pagar unha multa de 200 ptas e inhabilitadon a exercer cargos públicos durante seis anos. Os seus fillos Marcelino e Modesto Pasín Noya foron executados; Luis, tras varios procesos, enviado á fronte en tropas disciplinarias; Paulino foi encadeado e Florentino mobilizado forzosamente coa advertencia de ser elemento peligroso. A súa muller e fillas sofriron constantes humillacións.

O acto, organizado polo Ateneo de Santiago de Compostela,  terá lugar na Fundación Novacaixagalicia Claudio San Martín (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela) ás 20.00 horas

Gardado en Presentacións 16 de abril de 2012 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez