Presentación do libro "Historia dun ermo asociativo", de Daniel Lanero

Presentación do libro "Historia dun ermo asociativo", de Daniel Lanero

Hoxe, mércores 27 de abril, ás 20.00 horas na Libraría Couceiro, presentarase o libro "Historia dun ermo asociativo. Labregos, sindicatos verticais e políticas agrarias en Galicia baixo o franquismo", un traballo de Daniel Lanero Táboas (Vigo, 1977), membro do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC e dentro deste, Investigador do Proxecto Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX. HISTAGRA. O evento está organizado por 3C3 Editores e a Fundación 10 de marzo.


 Participarán neste acto Ramón Villares Paz -Catedrático de Historia Contemporánea da USC?, Lourenzo Fernández Prieto-Catedrático de Historia Contemporánea da USC-, Víctor Manuel Santidrián Arias -Fundación 10 de marzo- , X. Amancio Liñares Giraut-director editorial de 3C3- e o propio autor.


 Este libro, que recolle a Tese de Doutoramento do autor, estuda a situación dos labregos e da Galicia rural durante a ditadura franquista. Así, recorrendo ó sindicalismo vertical franquista como fío condutor,  abórdanse asuntos como a destrución da sociedade civil rural e a desmobilización política dos campesiños, a construción polo franquismo dun consenso baseado na normalización dos comportamentos corruptos e clientelares ou a imposición no noso agro dun modelo produtivo alleo, cuestións estas das que aínda queda pegada na actualidade. O prólogo é un texto de Lourenzo Fernández Prieto.


Gardado en Presentacións 25 de abril de 2011 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez