O martes día 3 de maio, ás 19.00 h., a Fundación 10 de Marzo presentaba o libro Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido, de Francisco Martínez López, Quico.
O autor estivo acompañado de Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático de Historia Contemporánea da USC e Director do Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces', e Víctor Manuel Santidrián Arias, da Fundación 10 de Marzo.
O acto tivo lugar na Librería Couceiro (Praza de Cervantes, 6; Santiago de Compostela).
Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido é o relato personal de Francisco Martínez López, Quico, sobre a súa participación primeiro na Federación de Guerrillas León-Galicia e, despois, no Ejército Guerrillero Galicia-León (1936-1952).Na segunda parte do libro, Martínez López relata as súas vivencias no exilio francés e a súa militancia no PCE. Reflexiona, ademais, dunha maneira crítica sobre o proceso de transición da ditadura á democracia e denuncia o pacto de silencio sobre o que foi a loita antifranquista.O libro amplia unha achega anterior do autor, editada desta volta pola Asociación Guerra, Exilio e Historia del País Vasco coa subvención do Ministerio de Presidencia do Goberno de España.