Presentación do libro de memorias de Nicolás Sánchez Albornoz "Cárceles y exilios"

Presentación do libro de memorias de Nicolás Sánchez Albornoz "Cárceles y exilios"

Hoxe 12 de xuño, ás 20:00 horas, na Fundación Paideia na Coruña, preséntase o libro de memorias de Nicolás Sánchez Albornoz "Cárceles y exilios", publicado por Anagrama (2012). Intervirán no acto o Profesor Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto 'Nomes e Voces', o escritor Suso de Toro e o autor do libro, Nicolás Sánchez-Albornoz. O acto está organizado polo Ateneo Republicano da Coruña.

Fillo de don Claudio Sánchez Albornoz -un dos grandes intelectuais españois do século XX e embaixador da República Española en Lisboa cando estala a Guerra Civil- o historiador Nicolás Sánchez Albornoz (Madrid 1926). Fundador, xunto a José Martínez, Ramón Viladás e Vicente Girbao, de Edicións Arena Ibérica, nas súas memorias que presenta relata a etapa hostil que lle tocou vivir, unha secuencia cronolóxica de catro décadas marcadas por o desenvolvemento dunha temperá conciencia polftica, polo exilio e o paso por varios establecementos penitenciarios. A súa estadía no campo de prisioneiros de Cuelgamuros pasou á pequena Historia do franquismo pola rocambolesca fuga que no ano 1948 protagonizou xunto a Manuel Lamana cando, co apoio de Paco Benet e as escritoras Barbara Probst Solomon e Barbara Mailer, consegue chegar a Francia tras cruzar a pé os Pireneos.

Gardado en Presentacións 11 de xuño de 2012 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez