Presentación do libro de Lourenzo Fernández Prieto "Facendo Historia con memoria" na Coruña

Facendo Historia con Memoria (tresCtres, 2009)

Presentación do libro de Lourenzo Fernández Prieto "Facendo Historia con memoria" na Coruña

Hoxe mércores día 20 ás 20.00 horas, Lourenzo Fernández Prieto presentará o seu último libro "Facendo Historia con memoria" na Sede da Fundación Caixa Galicia - Sala de Prensa (Cantón Grande, 21-24. A Coruña).

Esta obra trata do noso pasado máis incómodo: o golpe de Estado de 1936, a represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da vitoria franquista. Cando entran en conflito as memorias dos vencidos e as dos vencedores, por definición sempre triúnfan as dos vencedores. Só a construción histórica do pasado pode evitar este desequilibrio. O volume recolle un feixe de artigos escritos nos últimos anos por este catedrático de Historia Contemporánea da USC, que comentan como se vén recuperando ese pasado incómodo e as reaccións sociais diante deste proceso. O limiar é de Manuel M. Barreiro.

No acto intervirán Ernesto Sánchez Pombo –xornalista–, Manolo Barreiro –analista político e autor do limiar–, X. Amancio Liñares Giraut –director editorial de 3C3– e o propio autor.

Lourenzo FERNÁNDEZ PRIETO, Facendo Historia con memoria. Colección VILARNOVO / Ideas e realidades.

Gardado en Noticias 20 de xaneiro de 2010 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez