Presentación de la genealogía genocida del franquismo na UPV-EHU

Presentación de la genealogía genocida del franquismo na UPV-EHU

O vindeiro venres 13 de xuño ás 10 h., no Seminario de Historia Contemporánea da Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación da UPV-EHU (Campus de Bizkaia, Leioa), Antonio Miguez Macho,  investigador Marie Curie de Histagra,  presentará o seu último traballo, La genealogía genocida del franquismo. Violencia, memoria e impunidad.

O acto forma parte das actividades do Seminario de Historiografía del Franquismo do Departamento de Historia Contemporánea de la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea e contará coa intervención de Fernando Molina.

A obra

La genealogía genocida del franquismo. Violencia, memoria e impunidad pretende reflexionar,  e incentivar a reflexión dos lectores, sobre as causas sobre os desencontros e as diferenzas de postura que sobre a denominada memoria histórica existen en España. Como sinala o propio autor, «a violencia e a memoria de la violencia compréndense como parte dun mesmo fenónemo que ten continuidadeaté o presente». Asemade explícanse as actuacións políticas e xudiciais da España actual respecto do pasado violento e «as implicacións que as iniciativas da xustiza internaciona poden ter no futuro". A obra de Antonio Míguez está a ter unha excelente acollida nos medios e a crítica especializada.

O autor

Antonio Míguez Macho (Santiago de Compostela, 1979) é Doutor en Historia da Universidade de Santiago de Compostela (2006), coa tese La construcción de la ciudadanía a través de los movimientos sociales. El movimiento obrero en Galicia (1890-1936). Premio Extraordinario Fin de Carreira no 2001 e Premio Extraordinario de Doutorado. Investigador contratado polo “Programa Ángeles Alvariño” no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC (2008) e ven de realizar unha estadía de investigación no Cañada Blanch Centre for Contemporary Spanish Studies (The London School of Economics and Political Science, Londres). Actualmente é investigados neste mesmo departamento a través do programa Marie Curie Fellow, da Unión Europea.

Gardado en Presentacións 11 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Franquismo, Ditadura, Represión, Fascismo

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez