O vindeiro 17 de febreiro os investigadores Andrés Domínguez Almansa e Antonio Somoza Cayado, estarán en Cangas do Morrazo para presentar os resultados da investigación que está a desenvolver o Proxecto Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares". Ditos resultados serán expostos aos alumnos dos institutos de Ensinanza Secundaria María Soliño e Rodeira; nunha presentación enmarcada no programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", coordinado desde a Universidade de Santiago de Compostela por Luís Hervella Torrón, e coa que se pretende establecer un diálogo entre a USC e a Ensino Medio.
Deste xeito, a historia da guerra civil e a represión franquista en Galicia será achegada aos rapaces e rapazas que están a estudar dito episodio e poderán debatir cos investigadores a historia do seu propio contexto.