Pablo de Greiff loa o traballo de Nomes e Voces

Pablo de Greiff loa o traballo de Nomes e Voces

Pablo de Greiff, relator das Nación Unidas para os Dereitos Humanos, gabou a calidade de nomesevoces.net na súa comparecencia ante os medios de comunicación galegos, unha iniciativa que cualificou como «excelente». Greiff gustou da «información catalogada e sistematizada sobre as vítimas que inclúe testemuños de vítimas e familiares, documentos e fotografías».

Pablo de Greiff lamentou a falta de recursos dirixidos as iniciativas de investigación da memoria histórica: «os proxectos máis afortunados sufriron recortes moi severos nos seus orzamentos; os menos afortunados (que numericamente son a maioría) aparentemente atópanse en estado de parálise debido á falta de recursos»; por iso, animou ás administracións a achegar novos fondos para dinamizar este tipo de iniciativas e insistiu na necesidade de favorecer a coordinación entre proxectos semellantes.

As declaracións de Pablo de Greiff na crónica de Praza Pública: «A ONU eloxia 'Nomes e Voces' e pide á administración que lle achegue recursos»

As declaración de Pablo de Greiff en La Voz de Galicia: «El trabajo en la web del proyecto "Nomes e Voces" es excelente»

Gardado en Noticias 19 de febreiro de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Páxina Web, Memoria, Investigación

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez