O PSdeG esixelle á Xunta a creación dun centro de memoria histórica en Galicia

O PSdeG esixelle á Xunta a creación dun centro de memoria histórica en Galicia

O PSdeG rexistrou no Parlamento de Galicia, por trámite de urxencia, unha Proposición non de lei para o seu debate en pleno e o seu portavoz, José Luis Méndez Romeu, para crear en Galicia dun Centro de Documentación da Memoria Histórica co obxectivo de divulgar toda a información existente sobre os anos da Guerra Civil e da ditadura. Na súa idea, "só o cabal coñecemento dos feitos históricos permitirá superar os traumas derivados de enfrontamentos civís e así ten acontecido en Alemaña, Francia, Arxentina, Sudáfrica e tantos outros países que soportaron períodos non democráticos na súa historia”.

Da preocupación existente sobre o excaso apoio ás políticas da memoría histórica dá conta o Informe do Relator Especial para España, Pablo de Greiff, nomeado polo Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas, sobre a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, publicado e que será presentado hoxe 10 de setembro. A exposición do relator pode seguirse aquí.

José Luís Méndez Romeu, voceiro parlamentario do PSdeG, salienta na Proposición non de Lei que “en Galicia, no momento actual, non existen iniciativas da Xunta, nin axudas ás entidades privadas que traballan nese ámbito; de entre estas, cómpre sinalar o proxecto universitario de investigación Nomes e voces, que baixo a dirección do catedrático Lourenzo Fernández desenvolve o grupo Histagra”. Para dar a coñecer o labor documental e investigador realizado o PSdeG pedirá na Cámara o apoio dos grupos para que a Xunta convenie “coa USC a creación dun Centro de Documentación da Memoria Histórica, que poña a disposición dos cidadáns e das institucións os fondos documentais do proxecto de investigación Nomes e voces, facilitando a consulta, divulgación e reutilización dos mesmos”.

A proposición inclúe ademais a petición dun convenio co grupo de investigación Histagra, a continuidade dos seus traballos e a divulgación dos mesmos na comunidade científica internacional, así como o inicio dunha liña de divulgación dos documentos existentes, dirixida ó ensino, e a produción, por parte da Corporación da Radio Televisión de Galicia, dunha serie documental a partires dos fondos documentais existentes.

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez