O Proxecto "Nomes e Voces" renova a súa páxina Web

O Proxecto "Nomes e Voces" renova a súa páxina Web

Proximamente, o Proxecto “Nomes e Voces” presentará publicamente o redeseño da súa páxina www.nomesevoces.com, co obxectivo de ofrecer ao usuario un espazo máis útil e versátil para a achega á investigación histórica.

A nova versión do sitio Web presentará numerosas novidades no deseño e nos contidos con melloras tecnolóxicas, incluíndo novas ferramentas para a divulgación dos resultados da investigación do Proxecto “Nomes e Voces” e da documentación recollida a través da mesma.

A Navalla Suíza é a encargada de realizar esta nova programación que reforzará o apoio interpretativo mediante gráficos, imaxes e audiovisuais, ofrecendo unha novedosa disposición da información que facilitará a consulta dos contenidos dun xeito máis fluído.

A interacción co público será unha das propostas máis interesantes da nova Web, que contará con diferentes canais de comunicación para poñer en valor o estudo da guerra civil española e a represión franquista.

Con este traballo, o Proxecto “Nomes e Voces” desexa compartir coa sociedade o seu traballo de investigación co obxectivo de cubrir a demanda de investigadores, estudantes, xornalistas, familiares e público xeral interesados no estudo da historia actual.

Gardado en Noticias 20 de xaneiro de 2010 | sen comentarios
Etiquetado como Páxina Web, Base de datos

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez