O Proxecto "Nomes e Voces" participa no Foro 2010

O Proxecto "Nomes e Voces" participa no Foro 2010

No Foro 2010 confluirán tres grandes congresos internacionais (Información e Dereitos Humanos, Días 7 e 8; Dereito Humano á Paz, 9 e 10; Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz, 14 e 15), cun Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz (FME), dos días 10 a 13, adscrito ó Foro Social Mundial (FSM), por primeira vez en Europa, e cunha Reunión de Alto Nivel da Alianza de Civilizacións coa Comisión de Premios Nobel da Paz e os Coordinadores do Decenio (2001-2010) das Nacións Unidas, entre os días 4 e 6 de Decembro, sobre unha cultura de paz e non violencia para todalas nenas e nenos do mundo.

Ademais, durante todo o mes, entre o 3 e o 30 de decembro de 2010, en distintos espazos expositivos da cidade de Compostela, haberá iniciativas moi diversasde carácter cultural e artístico:

• fotoxornalismo (Gervasio Sánchez, Grupo Revela)• cómic• literatura infantil e xuvenil non violenta• cinema e dereitos humanos (no marco de Cineuropa)• maratón de cinema antibelicista• pintura• música clásica (World Orquestra)• Festival Mundial da Paz (Juanes, Miguel Bosé...)

E todo co obxeto de facer de Santiago e de Galicia un referente internacional da Culturada Paz, coincidindo coa aprobación da Lei de Fomento da Cultura da Paz de Galicia noParlamento Galego, a creación da Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e DereitosHumanos da USC e a posta en marcha do Lar da Paz de Herbón en Padrón.

Esta iniciativa conta co patrocinio do Xacobeo, o apoio institucional do Goberno deEspaña e da Xunta de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Santiago e Deputación da Coruña, de diversas entidades privadas (Caixanova, CaixaGalicia...) e a colaboración entusiasta de numerosas entidades nacionais e internacionais,organizacións, sindicatos, colexios profesionais, movementos sociais, ONGs, fundacións,etc. que forman parte dun Comité Organizador Aberto que preside D. Federico Mayor Zaragoza no que están representados a práctica totalidade dos centros de educación e investigación para a paz do Estado e de Portugal.Calquera persoa interesada pode participar, nos tres Congresos académicos ou noForo Mundial de Educación, e tamén nas actividades culturais e artísticas. As entidades emovementos sociais poden, ademais, presentar actividades autoxestionadas no FME (Foro Mundial da Educación) temático. Persoas a título individual, colexios e institutos,departamentos, cátedras, organizacións terán a posibilidade de participar activamente.A maioría dos actos coincidirán no espazo do Auditorio de Galicia, no CampusNorte, e entre as Facultades de Xornalismo, Filoloxía e Económicas.

Toda a información sobre os contidos, participantes, cotas, inscricións, créditos delibre configuración para os/as participantes, homologacións, matrículas, actividadesautoxestionadas, prazos, aloxamentos, bolsas... poden atoparse en: foro2010.org

Gardado en Noticias 10 de xuño de 2010 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez