O Proxecto "Nomes e Voces" organiza o Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz

O Proxecto "Nomes e Voces" organiza o Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz

 O Foro 2010 é unha iniciativa promovida orixinalmente polo Seminario Galego de Educación para a Paz e pola Fundación Cultura de Paz e conta, desde o seu inicio, co apoio de distintas institucións públicas e privadas, particularmente, da Xunta de Galicia, do Xacobeo 2010, do Concello de Santiago de Compostela e da súa Universidade (USC), así como de numerosas entidades e organizacións da sociedade civil, especializadas na educación e a investigación para a paz, e á que se foron sumando máis e máis institucións e asociacións de moi distinto ámbito e especialidade.

 Con este obxectivo, o 28 de Marzo de 2008 quedou constituído, en Santiago de Compostela, Galicia (España), o Comité Organizador do FORO 2010, presidido por D. Federico Mayor Zaragoza. Asemade, existe un Comité local galego para facilitar o Foro e un Comité de Honra.


 Do citado Comité Organizador forman parte destacados e recoñecidos persoeiros e están representados a maioría dos máis prestixiosos centros e institutos, entidades e asociacións de Educación e Investigación para a Paz, tanto do Estado español como de Portugal, moitos deles pioneiras nas súas respectivas áreas de actividade académica e social, así como de moi diferentes ámbitos de actuación.


 O Foro 2010 é un gran contedor de eventos e actividades a nivel mundial que xiran ao redor da Cultura da Paz. No 2010 coinciden diversos acontecementos moi salientábeis que paga a pena seren analizados e celebrados. Entre eles están a celebración dun novo Ano Xacobeo Compostelán, cita e lugar de encontro para millóns de persoas, o final da Década da Cultura da Paz e a Non Violencia para todos os nenos e nenas do mundo, proclamada por Nacións Unidas (2001-2010), dez anos dende a existencia dos Obxectivos do Milenio e o Programa de Acción para a Alianza de Civilizacións finalizou tamén a súa primeira andaina. Asemade, cúmprense tamén 10 anos desde que o Foro Social Mundial, e con el o Foro Mundial de Educación, naceran en Porto Alegre.

 SANTIAGO DE COMPOSTELA (3-30 de Decembro de 2010)


    1. Acto inaugural do Foro 2010 en Santiago de Compostela. Día 3 de decembro de 2010.

    2. Xuntanza de Membros do Grupo de Alto Nivel de Nacións Unidas para a Alianza de Civilizacións e do Decenio da Cultura da Paz e a Non Violencia para tódolos nenos e nenas do mundo, 2001-2010. Do 4 ao 6 de decembro de 2010.

    3. Congreso Internacional sobre Información e Dereitos Humanos. Do 7 ao 8 de decembro de 2010.

    4. Congreso Internacional sobre o Dereito Humano á Paz. Do 9 ao 10 de decembro de 2010.

    5. Foro Mundial de Educación Temático sobre "Educación, Investigación e Cultura de Paz", do 10 ó 13 de decembro de 2010. Actividades autoxestionadas.

    6. Congreso Internacional sobre Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz. Do 14 ao 15 de decembro de 2010.

    7. Actividades artísticas e culturais paralelas (Pintura, fotoxornalismo, cinema, banda deseñada, videoxogos, literatura e música). Do 3 ao 30 de decembro de 2010.

Gardado en Noticias 17 de outubro de 2010 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez