O Proxecto "Nomes e Voces" nas V Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica en Carral

O Proxecto "Nomes e Voces" nas V Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica en Carral

A Asociación Cultura Aberta de Carral (A Coruña), organiza os vindeiros días 21, 22 e 23 de outubro na Casa da Cultura, as V Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica en Carral. Estas xornadas pretenden achegarse á realidade da Frente Popular desde diferentes perspectivas, convidando para elo, a especialistas, investigadores e profesores de Historia para participar en conferencias e mesas de debate.

A primeira xornada terá como protagonista a conferencia do profesor estremeño Francisco Espinosa Maestre: “La primavera del Frente Popular”. Esta actividade, organizada en colaboración co Proxecto “Nomes e Voces”, pretende achegarse ao traballo de investigación deste historiador en torno á República e ao Golpe de Estado de 1936, aspirando a contribuír á configuración dun espazo de intercambio académico e científico. O acto terá lugar na Casa de Cultura de Carral ás 20.30 horas.

O xoves día 22 ás 20.30 horas, o catedrático de historia do Instituto Concepción Arenal de Ferrol, Bernardo Maiz, e o profesor da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador do Proxecto “Nomes e Voces”, Emilio Grandío Seoane, abordarán “A frente Popular en Galicia: orixes e acción política”. O programa rematará o día 23 a partires das 20.30 horas coa mesa redonda titulada “A memoria da Frente Popular”, na que participarán Julio Prada, profesor de Historia na Universidade de Vigo e coordinador do Proxecto “Nomes e Voces”, Dionisio Pereira, investigador e coordinador do Proxecto “Nomes e Voces” e Andrés Domínguez Almansa, Doutor en Historia e investigador do Proxecto “Nomes e Voces”.

Gardado en Noticias 21 de outubro de 2009 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez